Friday 03 de May de 2024

A Xunta adxudica por máis de 105.000€ a humanización do núcleo de Casal-Combarro, no concello de Coirós


A Xunta de Galicia adxudicou por máis de 105.000 euros a obra de humanización do núcleo rural histórico-tradicional e común de Casal-Combarro, na parroquia de Ois do concello coruñés de Coirós, unha actuación que se corresponde co convenio de colaboración asinado o pasado mes de marzo entre o Goberno autonómico e a Administración municipal.

As obras, que contan cun prazo de execución de catro meses, teñen como obxectivo principal mellorar a rede viaria do devandito núcleo así como os espazos públicos que serven como puntos de reunión para a veciñanza.

Máis polo miúdo, o proxecto inclúe actuacións como o tratamento integral da vía con microaglomerado asfáltico, o levantamento de tapas ata o nivel da soleira con formigón, a xestión de residuos e a limpeza de vías e espazos públicos.